O libro dos océanos
21,50€
O libro dos océanos fai un completo retrato dos riscos e das oportunidades que permite ver claramente as relacións e interdependencias. Inclúe 45 gráficos de deseño atractivo e fáciles de comprender. Cun deseño atractivo e informativo, e textos ben documentados, co apoio científico da German Ocean Foundation, Esther Gonstalla crea neste libro un retrato detallado que nos permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e os cambios que sofre o mar.
Hay existencias
O libro dos océanos fai un completo retrato dos riscos e das oportunidades que permite ver claramente as relacións e interdependencias. Inclúe 45 gráficos de deseño atractivo e fáciles de comprender.
Accidentes en plataformas petrolíferas, remuíños de refugallos plásticos, sobrepesca…: hai tempo que os mares deixaron de ser unicamente lugares de saudade e paraísos vacacionais; nas últimas décadas, a contaminación e o espoliación aumentaron de forma notable. Como lle vai en realidade ao meirande ecosistema da Terra? Malia que levamos dende sempre vivindo do mar e vivindo co mar, hoxe en día segue a ser un dos últimos territorios descoñecidos do planeta. Se até a Lúa está mellor investigada que as xigantescas masas de auga que tan importantes son para a Terra.
Podes ver unha mostra do libro en PDF.
Autora
Esther Gonstalla, deseñadora gráfica especializada en deseño de libros, infografías e animacións dixitais (Erdgeschoss Grafik), e editora (Edgeschoss Verlag). Co seu traballo gráfico, que xira sempre arredor do estado e a protección do medio natural, pretende visualizar temas complexos de xeito accesible. Para este traballo sobre os océanos contou co apoio da fundación alemá German Ocean Foundation.
Detalles
- ISBN: 978 84 945917 9 2
- Formato: Encadernación tapa dura | 134 páx
- Editorial: Catro ventos
- Dimensiones: 1.5 × 21.5 × 29.5 cm
Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2018
Sé el primero en valorar “O libro dos océanos” Cancelar la respuesta
Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.
También te recomendamos…
Libros
Productos relacionados
Menstruación Sostenible
Menstruación Sostenible
Menstruación Sostenible
Menstruación Sostenible
Bolsas de silicona
Depilación y afeitado
Valoraciones
No hay valoraciones aún.